ENVELLECEMENTO ACTIVO

ENVELLECEMENTO ACTIVO

O CONCELLO DE VIVEIRO IMPULSA UN PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO CON CLASES GRATUÍTAS DE XIMNASIA DE MANTEMENTO PARA MAIORES DE 65 ANOS

Viveiro, 30 de novembro de 2021. O Concello de Viveiro ten entre as súas prioridades o fomento dos hábitos de vida saudables entre os seus veciños e veciñas.

Dentro de este obxectivo, queremos impulsar o envellecemento activo e para elo organizamos desde o concello unha actividade gratuíta de ximnasia de mantemento, dirixida a homes e mulleres a partir de 65 anos”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

Esta actividade, de dous meses de duración nun principio, terá lugar os martes, de 11:30 a 12:30 horas, no pavillón municipal. As clases serán impartidas por monitores profesionais.

As persoas interesadas en participar deben anotarse, facilitando nome e apelidos e un número de teléfono de contacto, chamando ao teléfono 982.55.04.21.

Para esta actividade ofértanse un total de 20 prazas, sendo requisito necesario para participar estar empadroado/a no Concello de Viveiro e cubríndose as prazas por orde de inscrición.

Está previsto que as clases comecen o 14 de decembro, polo que a inscrición será do 1 ao 10 de decembro. Para participar nesta actividade será necesario roupa e calzado deportivo.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro


 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar