EVOLUCIÓN EPIDEMIOLÓXICA

EVOLUCIÓN EPIDEMIOLÓXICA

O CONCELLO DE VIVEIRO SOSTÉN QUE A EVOLUCIÓN EPIDEMIOLÓXICA É BOA PERO INCIDE NA NECESIDADE DE NON BAIXAR A GARDA E CUMPRIR TODAS AS MEDIDAS SANITARIAS

Viveiro, 15 de decembro de 2020. O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas de Viveiro que a evolución epidemiolóxica do municipio continúa a ser moi boa, detectándose unicamente un pequeno gromo.

Segundo os datos facilitados, ás 18:00 horas do día de onte había no concello un total de 8 casos activos, cunha incidencia a 14 días de 45,26.

Unha vez máis, quérese incidir na importancia de non baixar a garda e cumprir estritamente todas as medidas establecidas, co fin de evitar a propagación do virus.

Estamos ante unhas festas nas que adoita incrementarse a contacto social, polo que son fundamentais a prudencia e a responsabilidade social.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 beneficio da saúde pública.

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar