EXAMES DE INGLÉS

EXAMES DE INGLÉS

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE NAS SÚAS INSTALACIÓNS OS EXAMES DE INGLÉS "YOUNG LEARNERS" DA UNIVERSIDADE DE CAMBRIDGE

  Viveiro, 23 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro facilita o uso de instalacións municipais para acoller, por primeira vez no municipio, as probas "Young Learners" que realiza a prestixiosa Universidade de Cambridge para acreditar o nivel de coñecemento de lingua inglesa para nenos e nenas en idade escolar.

As probas terán lugar na sala multiusos da casa do concello e na sala de exposicións da biblioteca municipal o 29 de xuño de 2021. Están convocados 35 aspirantes de entre terceiro e sexto de primaria, para ser examinados de tres niveis diferentes: Starters, Movers e Flyers, correspondentes aos grados pre-A1, A1 e A2 do Marco Común Europeo de Referencia das Linguas.

A universidade británica envía para a celebración destas probas a Eva Souto, responsable de Cambridge Studies SL, e ao seu equipo de examinadores oficiais, co fin de velar por un correcto desenvolvemento das probas.

Clara Martínez, responsable da academia English Time, centro preparador oficial de Cambrigde, destaca a importancia da realización das devanditas probas en Viveiro, facilitando o acceso ás familias ás mesmas, e adianta que sería un grande avance que a vila se consolidara como lugar de referencia para a celebración de vindeiras destes exames.

Dende o Concello de Viveiro valórase moi positivamente que as probas "Young Learners" se poidan celebrar por primeira vez en Viveiro, evitando que os alumnos se teñan que desprazar. Polo tanto, o goberno local prestou a colaboración necesaria coa organización, facilitando o uso das dúas salas nas que se celebrarán os exames.


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar