10
Maio
EXPOSICIÓN DA REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DA MARIÑA
O CONCELLO DE VIVEIRO INAUGUROU ESTE LUNS A EXPOSICIÓN DA REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DA MARIÑA
Viveiro, 9 de maio de 2023. A sala multiusos do Concello de Viveiro inaugurou onte á tarde a exposición “EscribirARTE na Mariña” organizada pola Microrrede A Mariña, coa colaboración do Concello.
A alcaldesa María Loureiro exerceu de anfitrioa dun acto que contou tamén coa presenza de María José Gómez Rodríguez, xefa territorial de Educación en Lugo, Carmen Areán Vázquez, do Servicio territorial de Inspección Educativa de Lugo, Beatriz González Blanco, asesora de Bibliotecas Escolares da Zona Norte, xunto aos equipos directivos dos centros involucrados nesta iniciativa.
O convidado nesta inauguración foi o artista viveirense Primitivo Marcos Ferreiro, que falou da súa última obra de banda deseñada ‘Viveiro 1810, Augas mortais’ e presentou o seu próximo traballo.
A actuación de Amigos do folk e do grupo de gaitas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro puxeron o broche final á xornada.
“Para o Concello de Viveiro é unha honra colaborar novamente con esta iniciativa”, destacou María Loureiro. “Considero que as actividades da Microrrede e o traballo conxunto dos centros contribúen a inculcar nos máis cativos e na rapazada uns hábitos de lectura imprescindibles na súa educación e serven, ao mesmo tempo, de espello do enorme talento artístico que existe entre a mocidade da nosa comarca”, engadiu á alcaldesa de Viveiro.
A Microrrede A Mariña é un proxecto colaborativo das bibliotecas escolares da Mariña que nesta edición inclúe 16 cadros, un por cada biblioteca da Microrrede, e un conto artístico.
A exposición poderase visitar no salón multiusos de 18.00 a 20.00 horas ata este xoves, día 11 de maio.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro