EXPOSICIÓN DA REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DA MARIÑA

EXPOSICIÓN DA REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DA MARIÑA

O CONCELLO DE VIVEIRO ABRE ESTE LUNS A EXPOSICIÓN DA REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DA MARIÑA

Viveiro, 6 de maio de 2023. A sala multiusos do Concello de Viveiro acolle, do 8 ao 11 deste mes de maio, a exposición “EscribirARTE na Mariña” organizada pola Microrrede A Mariña, coa colaboración do Concello de Viveiro.

A Microrrede A Mariña é un proxecto colaborativo das bibliotecas escolares da Mariña que nesta edición inclúe 16 cadros, un por cada biblioteca da Microrrede, e un conto artístico. As obras plasman a alma dos proxectos dos centros, mesturando estilos tanto narrativos como artísticos cunha gran creatividade.

O labor que desempeñan os responsables e traballadores da Biblioteca Municipal de Viveiro é clave para a dinamización cultural da nosa vila e, sobre todo, para atraer aos máis cativos e á rapazada cara uns hábitos de lectura imprescindibles na súa educación”, afirma a alcaldesa María Loureiro. “As actividades da Microrrede amosan que o traballo conxunto cos centros axuda a dar este empurrón e, ao mesmo tempo, serven de espello do enorme talento artístico que existe entre a mocidade da nosa vila”, engade.

O acto inaugural da exposición será este luns día 8 ás 18:30 horas e contará coa presenza de Primitivo Marcos Ferreiro, artista viveirense, que falará da súa última obra de banda deseñada ‘Viveiro 1810, Augas mortais’ ao tempo que presentará o seu próximo traballo.

Ao longo da semana tamén haberá actividades dinamizadoras tanto no CEP Lois Tobío, coa actuación do seu coro, na EEI San Roque de Viveiro coa representación de monicreques ‘Cocorico’, e no teatro Pastor Díaz, coa representación de monicreques ‘Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?’

Na exposición inclúense os traballos dos seguintes centros: EEI San Roque (Viveiro); CEP Lois Tobío (Viveiro); CEIP de Celeiro (Celeiro-Viveiro); CEIP Plurilingüe de Covas (Covas-Viveiro); CEIP Plurilingüe Santa Rita (Galdo-Viveiro); CEIP O Vicedo; CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove); CEIP de Cervo (Cervo); CEIP Península da Paz (San Cibrao); CEIP Plurilingüe Vista Alegre (Burela); IES María Sarmiento (Viveiro); IES Vilar Ponte (Viveiro); IES Illa de Sarón (Xove); IES Alfoz Valadouro; IES Monte Castelo (Burela); IES Perdouro (Burela); e o conto colaborativo entre as 17 bibliotecas Plambe da Mariña: "Rulando unha historia".

A exposición poderase visitar no salón multiusos do Concello de Viveiro de 18.00 a 20.00 horas do 8 ao 11 de maio.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar