EXPOSICIÓN DE DOWN LUGO

EXPOSICIÓN DE DOWN LUGO

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VIVEIRO ACOLLE A EXPOSICIÓN DE DOWN LUGO SOBRE O SEU PROGRAMA DE EMPREGO CON APOIO

Viveiro, 29 de setembro de 2023. A sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro acolle desde onte unha mostra da Asociación Síndrome de Down Lugo, con motivo do XX aniversario da implantación da metodoloxía de emprego con apoio por parte da Federación Down Galicia.

Asistiron á inauguración a alcaldesa, María Loureiro; a tenente de alcaldesa, Miriam Bermúdez; Isabel Méndez, xerente do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, e outros concelleiros e concelleiras da corporación.

A exposición está composta por 12 paneis informativos, dirixidos tanto ás empresas como á poboación en xeral, co obxectivo de sensibilizar e romper estereotipos sobre as persoas con diversidade e o mercado laboral.

Na inauguración interviu María Isabel Casanova, que contou a súa experiencia traballando nun McDonalds, e estiveron tamén Paula e Marta, alumnas en prácticas que traballan desde hai semanas na área de Servizos Sociais e na recepción do concello, respectivamente.

Moitas grazas, Paula e Marta, polo voso traballo”, afirmou María Loureiro, que comprometeuse “a seguir traballando conxuntamente coa Asociación Síndrome de Down de Lugo para garantir a igualdade e a inclusión das persoas con diversidade funcional. Exposicións como esta son fundamentais para visibilizar o seu traballo diario”.

É unha tarefa de toda a sociedade promover unha cultura empresarial que entenda a diversidade como un activo xerador de valor social e económico. Por suposto, aquí as administracións públicas temos tamén moito que dicir, impulsando as contratacións das persoas con diversidade funcional e colaborando de forma activa coas entidades que traballan a diario con elas”, engadiu a alcaldesa.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar