Exposición e mesa redonda sobre MANUEL RODRIGUEZ LÓPEZ en VIVEIRO

EXPOSICIóN E MESA REDONDA SOBRE MANUEL RODRIGUEZ LÓPEZ EN VIVEIRO

O xoves 1 de agosto, ás 20:30 horas, na sala multiusos da casa do concello, celebrarse unha mesa redonda sobre a biobibliografía de Manuel Rodríguez López e, posteriormente, terá lugar unha visita guiada pola exposición que dende o 26 de agosto e ata o 2 de setembro se pode visitar na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto dese Concello, e que dá nome á Casa Municipal de Cultura e mais a un Certame Literario, do que se está a celebrar a vixésimoprimeira edición.

A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emprendido por GaliciaDigital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Política Lingüística e de Cultura), a Deputación Provincial de Lugo e a Real Academia Galega.

Esta mostra itinerante comezou o seu percorrido na Casa da Cultura de Paradela para logo expoñerse en Lugo, Begonte, Portomarín, Sarria, Vilalba, Santiago, A Coruña, Barcelona, Madrid, na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, na Biblioteca Anxo Casal de Compostela, na Casa das Palabras de Guitiriz, no Concello de Meira e no Antigo Hospicio de Ferrol, no Centro Galego de Salamanca, na Casa de Galicia de León e no Centro Galego de Vitoria.

Está composta por oito paneis dobres, nos que se reflicte de xeito moi gráfico a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Cataluña a maior parte da súa obra, e que foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Cataluña, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no país catalán.

Na mesa redonda que terá lugar mañá intervirán o director de GaliciaDigital, Antonio Giz, que falará sobre o “Proxecto Manuel Rodríguez López”; o crego e musicólogo Xesús Mato, sobre “Manuel Rodríguez, amigo”; o alcalde de Paradela, Xosé Manuel Mato, sobre "O noso fillo predilecto"; o xornalista Xulio Xiz, que falará no nome da familia do escritor; e o Tenente de Alcalde Jesús Fernández Fernández, quen, en representación do concello de Viveiro, se encargará de clausurar o acto.  A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emprendido por GaliciaDigital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Política Lingüística e de Cultura), a Deputación Provincial de Lugo e a Real Academia Galega.

Esta mostra itinerante comezou o seu percorrido na Casa da Cultura de Paradela para logo expoñerse en Lugo, Begonte, Portomarín, Sarria, Vilalba, Santiago, A Coruña, Barcelona, Madrid, na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, na Biblioteca Anxo Casal de Compostela, na Casa das Palabras de Guitiriz, no Concello de Meira e no Antigo Hospicio de Ferrol, no Centro Galego de Salamanca, na Casa de Galicia de León e no Centro Galego de Vitoria.

Está composta por oito paneis dobres, nos que se reflicte de xeito moi gráfico a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Cataluña a maior parte da súa obra, e que foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Cataluña, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no país catalán.

Na mesa redonda que terá lugar mañá intervirán o director de GaliciaDigital, Antonio Giz, que falará sobre o “Proxecto Manuel Rodríguez López”; o crego e musicólogo Xesús Mato, sobre “Manuel Rodríguez, amigo”; o alcalde de Paradela, Xosé Manuel Mato, sobre "O noso fillo predilecto"; o xornalista Xulio Xiz, que falará no nome da familia do escritor; e o Tenente de Alcalde Jesús Fernández Fernández, quen, en representación do concello de Viveiro, se encargará de clausurar o acto.  

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar