FEIRA DAS MAULAS O 14 DE MAIO

FEIRA DAS MAULAS O 14 DE MAIO

A ALCALDESA DE VIVEIRO, MARÍA LOUREIRO, REUNIUSE COA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CAMIÑO DE GALDO DE CARA Á CELEBRACIÓN DA FEIRA DAS MAULAS O 14 DE MAIO

Viveiro, 16 de febreiro de 2023. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, reuniuse no Concello coa Asociación de Veciños Camiño de Galdo, un encontro que serviu para anunciar a data de celebración da Feira das Maulas e poñer en valor o simbolismo desta tradición con máis de 300 anos de antigüidade.

As Maulas celébranse sempre o segundo domingo do mes de maio, que neste ano 2023 coincide o día 14.

Nos últimos tres anos, o Concello ven de organizar integramente esta festa coa colaboración da Asociación Camiño do Galdo debido ó aumento dos costes e aos novos requisitos da feira.

As Maulas naceron hai 300 anos como unha feira franca ou libre, na que os veciños de Galdo vendían aparellos de labranza, gando, pan, viño, panos ou froita. Foi en 1721 cando o Real Consejo de Castilla legalizouna a través dunha Real Cédula.

Quero dar as gracias unha vez máis á Asociación de Veciños Camiño de Galdo e aos establecementos e tabernas da parroquia polo seu traballo para manter viva a tradición da Feira das Maulas”, afirmou María Loureiro, quen describiu a cita non só como “un mercado, senón tamén un lugar de encontro e un acontecemento social”.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro


 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar