FEIRA DE ARTESANÍA

FEIRA DE ARTESANÍA

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE DO 11 AO 20 DE AGOSTO A SÚA FEIRA DE ARTESANÍA

Viveiro, 1 de agosto de 2023. O Concello de Viveiro acolleu hoxe a presentación da 39ª Feira de Artesanía, que se celebrará nos xardíns Noriega Varela entre os días 11 e 20 de agosto.


 

A feira, organizada polo Concello de Viveiro e a asociación PROA, terá este ano máis de 35 stands e a presenza de numerosos profesionais da artesanía. O deseño do cartel é de Ruth Adrio.


 

Como o ano pasado, este ano haberá stands efímeros, no que algúns días haberá artesanos e outros obradoiros ou demostracións do oficio.


 

Dentro dos efímeros, Lía B estará os días 11 e 12 de agosto; Bilbiricoca, o día 13; Como pez en el agua, os días 14 e 15; Qué barbaridad!, os días 16 e 17; Soledad Mato, o venres 18, e Mado Artesanía Textil, os días 19 e 20.


 

Unha referencia no sector, unha feira que destaca pola calidade e a variedade da artesanía, polo que estou convencida de que será de novo un éxito”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.


 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar