FEIRA RENANCENTISTA

FEIRA RENANCENTISTA

O CONCELLO DE VIVEIRO CELEBRARÁ DE NOVO ESTE ANO A SÚA TRADICIONAL FEIRA RENANCENTISTA OS DÍAS 7, 8, 9 E 10 DE XULLO

Viveiro, 7 de maio de 2022. O Concello de Viveiro retoma este ano unha das súas citas tradicionais do verán, a XIII Feira Renacentista, tras o parón obrigado pola pandemia do coronavirus.

Esta nova edición da feira e o mercado renacentista será os días 7, 8, 9 e 10 de xullo, tras a celebración do Resurrection Fest.

A feira lucirá de novo con todo o seu esplendor e coa súa programación habitual, con actividades como o desembarco e as comidas na rúa”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

É unha satisfacción poder recuperar a normalidade tras dous anos de pandemia, cun evento como este tan esperado por veciños e visitantes”, engade pola súa parte a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.


 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar