11
Agosto
FEIRAS DO LIBRO E DE ARTESANÍA
O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE DESDE ESTE VENRES, DÍA 13 DE AGOSTO, AS FEIRAS DO LIBRO E DE ARTESANÍA
Viveiro, 11 de agosto de 2021. O Concello de Viveiro acolle desde este venres, día 13 de agosto, unha nova edición da Feira do Libro e da Feira de Artesanía.
Os Xardíns Noriega Varela serán o escenario da Feira do Libro ‘Libros no Camiño’, que durante catro días traerá a Viveiro unha ampla oferta cultural e encontros con diferentes escritores e escritoras.
O pregón infantil correrá a cargo de Lucas Fernández Sierra, correspondendo o pregón da feira á escritora Arantza Portabales, que presentará ademais a súa última obra, ‘La vida secreta de Úrsula Bas’, unha historia cargada de intriga e suspende.
Por outra banda, entre o 13 ao 22 de agosto, Viveiro acollerá a XXXVII Feira de Artesanía, tamén nos Xardíns Noriega Varela, coa presenza de numerosos profesionais deste eido.
“Con estas dúas feiras apostamos pola cultura segura ao aire libre, axudando ademais á reactivación económica de dous sectores afectados pola pandemia”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Nas dúas feiras cumpriranse todos os protocolos e recomendacións Covid-19, sendo obrigatorio o uso de máscara.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro