FELICITA Á SURFISTA VIVEIRENSE LUCÍA MARTÍNEZ

FELICITA Á SURFISTA VIVEIRENSE LUCÍA MARTÍNEZ

O CONCELLO DE VIVEIRO FELICITA Á SURFISTA VIVEIRENSE LUCÍA MARTÍNEZ, GAÑADORA NA CATEGORÍA SUB 12 MIXTO DO CAMPIONATO GALEGO XUVENIL

Viveiro, 20 de outubro de 2020. O Concello de Viveiro quere felicitar publicamente á surfista viveirense Lucía Martínez, tras resultar vencedora na categoría Sub 12 mixto do campionato galego xuvenil de surf, celebrado este fin de semana na praia de Caión, na Laracha (A Coruña).

Esta gran victoria súmase aos éxitos que Lucía vén recollendo nos últimos tempos, tanto a nivel galego como estatal, que son unha mostra do seu bo facer e dos que nos sentimos profundamente orgullosos.

“A nosa máis sinceira felicitación para Lucía Martínez e para o seu club, o Viveiro Surfing Family, por este gran resultado”, engade o concello.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar