02
Setembro
FELICITA E DESEXA SORTE AOS VIVEIRENSES QUE PARTICIPARÁN NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SURF
O CONCELLO DE VIVEIRO FELICITA E DESEXA SORTE AOS VIVEIRENSES QUE PARTICIPARÁN NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SURF
Viveiro, 1 de setembro de 2020. O Concello de Viveiro quere felicitar publicamente aos cinco viveirenses clasificados para o Campionato de España de Surf, que se celebrará en Valdoviño este fin de semana, e desexarlles o mellor dos resultados posibles nesta competición, convencidos de que poder participar nunha proba a ese nivel é xa, sen lugar a dúbidas, un motivo de orgullo e recoñecemento.
“A David Guerreiro, Claudia Prieto, Jorge Guerreiro, Lucía Martínez e Chumi García a nosa máis sincera noraboa por chegar ata aí e os nosos mellores desexos para esta fin de semana”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.
O concello quere aproveitar a ocasión, así mesmo, para felicitar a Alex Seoane e Uxío Rodríguez polo seu gran traballo como profesores e agradecer a súa labor como responsables do club, por potenciar este deporte no concello e levar o nome de Viveiro a competicións deste nivel.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro