Felicitacións a Cristóbal Rodríguez  polos excelentes resultados obtidos na Copa do Mundo de Pentatlón Moderno, celebrada no Cairo (Exipto)

FELICITACIóNS A CRISTóBAL RODRíGUEZ POLOS EXCELENTES RESULTADOS OBTIDOS NA COPA DO MUNDO DE PENTATLóN MODERNO, CELEBRADA NO CAIRO (EXIPTO)

Cristóbal terminou no posto 29 e conseguiu posicionarse como mellor pentatleta español na primeira Copa do Mundo da temporada, na que demostrou, unha vez máis, que é un deportista excepcional do que todos, como viveirenses, nos sentimos orgullosos.

NOTA DE PRENSA

Como Alcaldesa, en nome de todos os veciños de Viveiro, quero felicitar a Cristóbal Rodríguez polos excelentes resultados obtidos na Copa do Mundo de Pentatlón Moderno, celebrada no Cairo (Exipto) en días pasados.

Cristóbal terminou no posto 29 e conseguiu posicionarse como mellor pentatleta español na primeira Copa do Mundo da temporada, na que demostrou, unha vez  máis, que é un deportista excepcional do que todos, como viveirenses, nos sentimos orgullosos. Grazas ao seu talento, esforzo, superación e constancia e tendo en conta que o excelente nivel que vén de demostrar, agardamos que logre subir cinco postos no ránking mundial, situarse entre os dez mellores e, deste xeito, acadar o seu pase ás Olimpíadas que se celebrarán en agosto do presente ano en Río de Xaneiro (Brasil).

Por todo isto e polos magníficos resultados obtidos ao longo da súa traxectoria deportiva, que xa foron recoñecidos por parte do Concello de Viveiro en diversas ocasións, unha vez máis, noraboa!

Viveiro, 4 de marzo de 2016.

A alcaldesa, María Loureiro García

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar