FESTAS DE XUNQUEIRA 2022

FESTAS DE XUNQUEIRA 2022

O CONCELLO DE VIVEIRO E A COMISIÓN DE FESTAS PRESENTAN AS FESTAS DE XUNQUEIRA 2022

Viveiro, 30 de agosto de 2022. O Concello de Viveiro, xunto a Comisión de Festas, presentou hoxe o programa das festas de Xunqueira, na honra de Nosa Señora de Valdeflores.


A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o primeiro tenente de alcaldesa, Jesús Fernández, acompañaron ao único integrante da comisión de festas na presentación, Jacobo Otero Regal. Dende o Concello de Viveiro agradecen a Jacobo o seu esforzo, xa que decidiu asumir a organización das festas malia ser a única persoa presente na comisión.


As festas celebraranse os días 9, 10 e 11 de setembro, incluíndo verbena, sesión vermú, festa dos callos, así como festa da espuma e toro mecánico, entre outras actividades.


Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar