FESTAS PATRONAIS 2023

FESTAS PATRONAIS 2023

O CONCELLO DE VIVEIRO PRESENTA O CARTEL E AS ACTUACIÓNS MÁIS DESTACADAS DAS FESTAS PATRONAIS 2023

Viveiro, 29 de xullo de 2023. O Concello de Viveiro presentou hoxe o cartel das festas patronais, ademais de adiantar algunhas das principais actuacións previstas nos días centrais do mes de agosto.

Teremos de novo unha programación variada e para todas as idades e gustos, as festas patronais serán de novo un moi bo momento para desfrutar de Viveiro na compañía dos nosos familiares e amigos”, asegurou na presentación a alcaldesa, María Loureiro.

O cartel das festas patronais deste ano é dun artista local e emerxente, Uxmal Díaz, un artista plástico e gráfico que xa recibiu numerosos premios pola súa obra.

Queremos darlles voz aos artistas locais e que teñan a oportunidade de expresar o que significan para eles as festas patronais, tan importantes para os nosos veciños e veciñas”, explica a concelleira Lara Fernández Fernández-Noriega.

Loureiro e Fernández-Noriega adiantaron algunhas das principais actuacións das festas, que comezarán como de costume na primeira semana de agosto coa Mostra Folclórica Internacional.

Na praza Maior, actuarán o día 14 Xosé Lois Romero e Aliboria, nun concerto que o concello pretende facer inclusivo; o día 15, Amparanoia, e o día 16, Lamatumbá, para pechar a xornada tamén cos tradicionais fogos artificiais.

Nos próximos días presentarase a programación completa, na que tamén terán unha presenza destacada os grupos e artistas locais.


 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar