Ficha Clubs Deportivos

FICHA CLUBS DEPORTIVOS

Ficha Clubs Deportivos Concello de Viveiro

 

 

Co fin de poder actualizar os datos dos clubs e asociacións deportivas, o Concelleiro delegado da área de Deportes elaborou unha ficha coa que se pretende recoller información de interese de cada unha das entidades deportivas que desenvolven a súa actividade neste concello.

 

Estas fichas servirán para crear un rexistro no que se faga constar a actividade deportiva que desenvolven, a federación á que pertencen, o número de participantes por categorías ou os eventos que organizan, entre outras cuestións, ademais dos datos de contacto do seu representante.

 

As fichas referidas estarán a disposición dos clubs e asociacións deportivas tanto na web municipal como nas instalacións da piscina municipal (onde se poden recoller os formularios xa impresos); unha vez cubertas, deben entregarse na propia piscina ou remitilas á Concellaría de Deportes a través do enderezo electrónico deportes@viveiro.es.

 

Viveiro, 17 de setembro de 2019.

 

A Alcaldesa

María Loureiro García

Documento a rellenar: 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar