FUTURO INDUSTRIAL DA MARIÑA

FUTURO INDUSTRIAL DA MARIÑA

O CONCELLO DE VIVEIRO AGRADECE A MASIVA PARTICIPACIÓN NA MANIFESTACIÓN POLO FUTURO INDUSTRIAL DA MARIÑA

Viveiro, 17 de outubro de 2021. O Concello de Viveiro quere agradecer a masiva participación na manifestación convocada hoxe, 17 de outubro, polo futuro industrial da Mariña.


 

O goberno local mostra o seu total apoio ás reivindicacións dos sindicatos, que hoxe saíron á rúa para pedir solucións ao desmantelamento industrial que está a vivir a comarca.


 

A intención de Vestas de pechar a súa fábrica en Viveiro anunciada nas últimas semanas súmase á situación de Alcoa e á longa lista de peches e recortes industriais nestes anos na Mariña. Unha perda de tecido industrial que tanto a cidadanía como o propio Concello de Viveiro veñen denunciando de forma constante.


 

O goberno local espera que as reivindicacións escoitadas hoxe na rúa permitan un maior compromiso coa situación da comarca.


 

Por iso, o grupo de goberno reclama de novo un plan de reindustrialización para a comarca, así como unha mesa de traballo con todos os axentes implicados e a presenza activa do Goberno central e da Xunta de Galicia.


 

O Concello de Viveiro agradece de novo o esforzo de toda a cidadanía, en especial dos sindicatos e dos traballadores/as afectados, para lograr un cambio na comarca e garantir o seu futuro industrial.


 

Sáudos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar