28
Novembro
GALA BENéFICA DAMNIFICADOS DAS RIADAS
A gala benéfica para recaudar axudas para os damnificados das riadas do 18 de novembro, organizada polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro, en colaboración co concello, terá lugar o 9 de decembro de 2018, no Teatro Pastor Díaz, de 20:00 a 22:00 horas.
As entradas para asistir a esta gala son gratuítas e os participantes poderán realizar as súa achegas económicas, para colaborar con esta causa, na propia gala. As persoas interesadas en asistir poden retirar as súas entradas, ata completar aforo, na taquilla do teatro nas seguintes datas e horarios:
- venres 7 de decembro, de 11:00 a 13:00 horas. Repartiranse 1/4 das entradas existentes
- venres 7 de decembro, de 19:00 a 21:00 horas. Repartiranse 1/4 das entradas existentes.
- sábado 8 de decembro, de 11:00 a 14:00 horas. Repartiranse 1/4 das entradas existentes.
- domingo 9 de decembro. de 20:00 a 22:00 horas. Repartiranse 1/4 das entradas existentes.
Cada persoa poderá retirar, unicamente, 2 entradas.
Ademais, as persoas que queiran colaborar coa Fila 0, poden facer os seus ingresos na conta de Banco Santander SA con número de IBAN ES21-0049-0083-2524-9038-4071, da que é titular o Seminario de Estudos Terra de Viveiro.