GIRA MUJERES

GIRA MUJERES

O CONCELLO DE VIVEIRO ADHÍRESE AO PROXECTO ‘GIRA MUJERES’ PARA DAR FORMACIÓN E MELLORAR A EMPREGABILIDADE DE DESEMPREGADAS E EMPRENDEDORAS

O Concello de Viveiro adheriuse ao proxecto ‘Gira Mujeres’, unha iniciativa para dar formación e mellorar a empregabilidade de desempregadas e emprendedoras.

 

O proxecto, cofinanciado por The Coca-Cola Foundation coa colaboración da Deputación de Lugo, chegará a varios concellos da provincia, entre eles Viveiro os días 16 e 17 de marzo.

 

Nesas dúas xornadas, todas aquelas mulleres interesadas recibirán formación a través de varios obradoiros gratuítos, impartidos con metodoloxías participativas en orientación laboral, sensibilización emprendedora e innovación empresarial.

 

Como concello, aínda que non temos competencias en materia de emprego, estamos na obriga de impulsar e apoiar todas aquelas iniciativas destinadas a mellorar a formación e impulsar a empregabilidade dos nosos veciños e veciñas”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.

 

Neste caso, ademais, é unha iniciativa para mulleres, polo que é importante na busca doutro obxectivo prioritario para este grupo de goberno, como é a igualdade real”, engade.

 

Os obradoiros serán en horario de mañá e tarde na sala multiusos do concello. Para apuntase ou ampliar información, as interesadas poden entrar na web https://preinscripcion.giramujeres.com/alma. Tamén poden chamar ou escribir un whatsapp ao teléfono 644 745 184.

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar