GRUPO DE PARTICIPACIÓN XUVENIL DE VIVEIRO

GRUPO DE PARTICIPACIÓN XUVENIL DE VIVEIRO

O CONCELLO COLABORA CO GRUPO DE PARTICIPACIÓN XUVENIL DE VIVEIRO NA I ANDAINA SOLIDARIA DESTE VENRES

Viveiro, 24 de abril de 2023. As rapazas e rapaces do Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro, coa colaboración do Concello de Viveiro e da Asociación Cultural Branque, organizan este venres, 28 de abril, a primeira edición da Andaina Solidaria con motivo do Día Internacional de Deporte polo Desenvolvemento e a Paz que se conmemorou este mes.

O obxectivo desta iniciativa é por en valor a importancia da Saúde Mental entre as máis novas e novos.

“Todos os involucrados nesta Andaina Solidaria consideramos que é unha iniciativa marabillosa por parte dos integrantes do Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro. Estamos convencidos de que suporá un punto de partida no proceso de eliminación de prexuízos e estigmas en relación aos problemas de Saúde Mental, especialmente nas mais pequenas e pequenos”, afirma a Concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde Gómez.

A participación é aberta polo que poderá unirse á Andaina calquera persoa interesada.

Xa está confirmada a participación de alumnado de diversos Centros Educativos da contorna, como o CEIP de Celeiro e o CPR Landro.

As doazóns, a partir de tres euros, estarán destinadas a axudar no labor da Asociación Saúde Mental A Mariña, que este mes cumpre o aniversario da súa chegada a Viveiro.

A I Andaina Solidaria partirá este venres ás 11:30 horas, cunha ruta que comezará e rematará na Praza Maior de Viveiro e transcorrera polo Paseo da Variante, o Paseo Fluvial do Río Landro e o Monasterio da Nosa Señora de Valdeflores.

No percorrido haberá instalados códigos QR elaborados polas rapazas e rapaces do Grupo de Participación Xuvenil nos que haberá información sobre a importancia da atención e dos coidados á Saúde Mental.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar