Homenaxe a Adrián Ben

HOMENAXE A ADRIáN BEN

O CONCELLO DE VIVEIRO SERÁ O ESCENARIO O DÍA 8 DE AGOSTO DA SÚA VIII CARREIRA POPULAR EN HOMENAXE A ADRIÁN BEN

VIveiro, 25 de xullo de 2024. O Concello de Viveiro acollerá o día 8 de agosto, xoves, a VIII Carreira Popular de Viveiro #TodosConAdry, que servirá para homenaxear ao atleta Adrián Ben no marco das Olimpíadas de París 2024.

O día 8, desde ás 20:00 horas na praza Maior, celebraranse as carreiras nas categorías Pitufos (2017 e posteriores); Sub10 (2015-2016); Sub12 (2013-2014); Sub16 (2009-2010); Sub14 (2011-2012), e Absoluta (2008 e anteriores).

A alcaldesa, María Loureiro, convida á veciñanza "a participar neste evento, que conta con categorías para todas as idades co obxectivo de promover o deporte para toda a familia".

Loureiro quixo desexar "todos os éxitos a Adrián Ben nesta nova cita olímpica, na que de seguro fará, como sempre, unha actuación espectacular".

 

Máis información en tourmariña.com e inscricións en ccnorte.com.

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar