I ANDAINA SOLIDARIA

I ANDAINA SOLIDARIA

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE ESTE VENRES A SÚA I ANDAINA SOLIDARIA

Viveiro, 26 de abril de 2023. O Concello de Viveiro convida aos veciños e veciñas a sumarse este venres día 28, a partir das 11:30 horas, á I Andaina Solidaria organizada polas rapazas e rapaces do Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro.

Co apoio do Concello de Viveiro e da Asociación Cultural Branque, o Grupo Xuvenil pon en marcha esta iniciativa con motivo do Día Internacional de Deporte polo Desenvolvemento e a Paz, que se conmemorou este mes.

"O obxectivo é por en valor a importancia da Saúde Mental entre as máis novas e novos", explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

A recadación das doazóns, a partir de tres euros, estarán destinadas precisamente a axudar no labor da Asociación Saúde Mental A Mariña que este mes cumpre o aniversario da súa chegada a Viveiro.

A I Andaina Solidaria comezará ás 11:30 horas cunha ruta que con inicio e chegada na Praza Maior de Viveiro e transcorrerá polo Paseo da Variante, o Paseo Fluvial do Río Landro e o Monasterio da Nosa Señora de Valdeflores.

No percorrido haberá instalados códigos QR elaborados polas rapazas e rapaces do Grupo de Participación Xuvenil nos que haberá información sobre a importancia da atención e dos coidados á Saúde Mental.

Na Andaina participará o alumnado dos Centros Educativos da contorna.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro


 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar