I DUATLÓN ESCOLAR CONCELLO DE VIVEIRO

I DUATLÓN ESCOLAR CONCELLO DE VIVEIRO

O CONCELLO DE VIVEIRO SERÁ ESCENARIO ESTE SÁBADO DO I DUATLÓN ESCOLAR CONCELLO DE VIVEIRO

Viveiro, 4 de maio de 2022. O Concello de Viveiro acollerá este sábado, dia 7 de maio, o I Duatlón Escolar Concello de Viveiro, organizado polo Club de Atletismo Egovarros.

Na presentación da proba estiveron a alcaldesa, María Loureiro; o concelleiro de Deportes, César Iglesias Docal; o xefe do Servicio Provincial de Deportes de Lugo, Manuel Otero Méndez; e representantes do Club de Atletismo Egovarros de Viveiro.

Trátase dunha proba clasificatoria para a final provincial de duatlón escolar de Lugo, dirixida a deportistas inscritos e inscritas no programa XOGADE, na actividade deportiva escolar de Duatlon da provincia de Lugo e nas categorías benxamín, alevín e infantil e cadete.

A proba deportiva desenvolverase nas inmediacións do campo de fútbol de Cantarrana e do local da Cruz Vermella, entre as 15:30 e 19:00 horas do sábado.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar