I FORO ECONÓMICO DE VIVEIRO

I FORO ECONÓMICO DE VIVEIRO

I Foro Económico de Viveiro. Oportunidades de futuro

http://<iframe width="300" height="154" src="https://w2.countingdownto.com/3900479" frameborder="0"></iframe>I Foro Económico de Viveiro. Oportunidades de futuro

 sábado 30 de outubro 2021

Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas

<iframe width="300" height="154" src="https://w2.countingdownto.com/3900479" frameborder="0"></iframe>

 

 

Ademais dos grandes problemas que Viveiro e a comarca da Mariña teñen desde hai anos, como os riscos de desmantelamento industrial ben exemplificados nos casos de Alcoa e Vestas, ou as históricas demandas de melloras na comunicación, a pandemia do coronavirus supuxo un grave retroceso económico en sectores moi importantes para o noso concello, como o comercio, a hostalería, o turismo, as pemes e os autónomos.

Desde o Concello de Viveiro, dentro das nosas competencias, estamos na obriga de axudar aos sectores que pasan por maiores dificultades contribuíndo á súa reactivación, así como impulsar outra serie de iniciativas para a reflexión e o debate.

Ningunha axuda é suficiente, somos moi conscientes diso, pero agora presentámosvos esta xornada de debate que nace coa idea de ser un lugar de encontro e diálogo para o sector económico e empresarial de Viveiro. Unha ferramenta para reflexionar sobre o actual contexto económico e atopar novas solucións de forma conxunta.

Ademais, queremos que o foro sirva para facer unha distintinción pública ao esforzo do empresariado local. De feito, entregaremos o Recoñecemento Empresarial do Ano a unha entidade do noso Concello.

Esta iniciativa está enmarcada dentro do acordo do orzamento 2021, entre o equipo de goberno do Concello de Viveiro do PSdG-PSOE e o Grupo Municipal Por Viveiro, e incluídas no 2º Plan de Reactivación, co obxectivo de impulsar a actividade económica no noso termo municipal e paliar os efectos derivados da pandemia da Covid-19.

O aforo será limitado polas restricións da Covid-19 e o prazo para inscribirse remata o 28 de outubro de 2021. Pode facelo descargando da páxina web do Concello, www.viveiro.es o formulario autorrellenable e enviando un correo electrónico a concellal.facenda@viveiro.es

Aquelas persoas que non poidan asistir, tanto por aforo ou por outras circunstancias, poderán seguir a xornada por streaming nas redes sociais do concello, da cal se dará o enlace de conexión.

 

Folla de inscripción

ESCALETA

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar