IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES CO PROGRAMA PARA O 8 DE MARZO

IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES CO PROGRAMA PARA O 8 DE MARZO

O CONCELLO DE VIVEIRO BUSCA SENSIBILIZAR Á CIDADANÍA SOBRE A IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES CO PROGRAMA PARA O 8 DE MARZO

Viveiro, 3 de marzo de 2022. O Concello de Viveiro, xunto ao Centro de Información á Muller (CIM), informa dos detalles dos actos previstos para o Día Internacional da Muller, que se celebra o vindeiro martes 8 de marzo. Maruja Mallo será ademais protagonista dun ciclo de conferencias, co obxectivo de enxalzar a súa figura.


 

Con estas actividades buscamos sensibilizar a toda a cidadanía, con opcións para os máis cativos pero tamén para os adultos. Ademais, visibilizamos a figura da artista viveirense Maruja Mallo, referente nas artes e tamén na igualdade”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.


 

Dunha banda, o club de lectura “En Feminino”, a cargo da actriz galega Estíbaliz Veiga, comezou o 23 de febreiro “Día de Rosalía” e desenvolverase en liña ata o mes de xuño 2022.


 

O próximo sábado 5 de marzo, representarase a obra de teatro “As que limpan” da Compañía A Panadaría. A función será no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. Ademais, o martes 8 de marzo darase lectura ao manifesto na Praza Maior, ás 20:30.


 

O Concello de Viveiro tamén programou o ciclo de conferencias “Maruja Mallo. Viveiro e a vangarda do século XX”, que se celebrarán no Teatro Pastor Díaz. O ciclo inaugurarase o domingo 13 de marzo ás 19:00.


 

Concretamente desenvolveranse as conferencias: “De Viveiro ao mundo. Maruja Mallo a gran vangardista europea” a cargo de Jose Luis Ferris, escritor e autor do libro “Maruja Mallo, la gran transgresora del 27”; e “Maruja Mallo, dende Viveiro ao Madrid Republicano”, a cargo de Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro e experto e biógrafo de Maruja Mallo.


 

O luns 14 de marzo estará en marcha o obradoiro “Educando na boa sexualidade”, dirixido ao alumnado dos IES María Sarmiento e Vilar Ponte de Viveiro. A formación durará ata o mes de xuño.


 

Ademais, os traballos do VII Concurso de Debuxo Escolar “Mamá traballadora” exporanse na Sala da Biblioteca Municipal ata o 18 de marzo. Doutra banda, os traballos do VII Concurso de Fotografía Amateur “Mulleres e traballos” estarán expostos nos comercios adheridos ao Casco Histórico de Viveiro, tamén ata o 18 de marzo 2022.


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar