II CICLO SINTONÍAS DE PRIMAVERA

II CICLO SINTONÍAS DE PRIMAVERA

O TEATRO PASTOR DÍAZ ACOLLE MAÑÁ E O SÁBADO O II CICLO SINTONÍAS DE PRIMAVERA

Viveiro, 4 de maio de 2023. O Teatro Pastor Díaz acolle mañá, venres, e o sábado a segunda edición do “Ciclo Sintonías de Primavera”, organizado pola Banda de Música ‘O Landro’ coa colaboración do Concello de Viveiro, a través da Concellería de Ensino.

As actuacións das diferentes bandas dividiranse en dous días cunha primeira xornada na que levantará o pano a Banda da Escola Municipal de Oleiros, a partir das 19:30 horas, seguida da Banda de Música ‘O Landro’ de Viveiro.

O sábado será a quenda da Banda de Música de Celanova a partir das 18:30 horas.

“Dende o Concello de Viveiro animamos a todos os veciños e veciñas da vila a desfrutar desta dobre xornada de música en directo da man de tres bandas que amosarán o seu talento sobre o escenario. Trátase dun plan perfecto para un fin de semana de lecer”, subliña Jesús Fernández, tenente de alcalde do Concello de Viveiro.

A entrada ao Teatro Pastor Díaz é libre ata completar aforo.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro


 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar