23
Xaneiro
II CONGRESO EUROPEO DE SEMANA SANTA E PASCUA
O CONCELLO DE VIVEIRO ASISTE EN FITUR Á PRESENTACIÓN DO II CONGRESO EUROPEO DE SEMANA SANTA E PASCUA
Viveiro, 20 de xaneiro de 2023. O Concello de Viveiro asistiu en FITUR á presentación da segunda edición do Congreso Europeo de Semana Santa e Pascua que organiza a “Red Europea de Celebraciones de Semana Santa y Pascua”, entidade da que forma parte dende a súa creación no ano 2019.
A cita terá lugar os próximos días 2 e 3 de marzo no Palazzo Reale y Oratorio di Santa Elena e Costantino de Palermo, en Sicilia, e será a primeira edición que se realizará de maneira presencial.
O tenente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández, destacou a importancia deste Congreso Europeo como punto estratéxico para acadar o recoñecemento como Itinerario Cultural Europeo no que a Rede leva xa tempo traballando.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro.