III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA AMATER TRABALLOS E MULLERES

III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA AMATER TRABALLOS E MULLERES

CONVOCATORIA III CONCURSO FOTOGRAFIA AMATEUR “TRABALLOS E MULLERES” – 2018

A Delegación de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Viveiro convocan a III edición do Concurso de Fotografía Amateur “Traballos e Mulleres” para conmemorar o Día Internacional da Muller traballadora (8 de marzo).

 

A convocatoria rexerase polas seguintes Bases aprobadas por Resolución de Alcaldía do día 7 de febreiro de 2018 e publicadas no tablón de edictos e na páxina web do Concello, xunto coa presente convocatoria.

 

BASES

1ª.- O concurso estará aberto a fotógrafos/as aficionados, non profesionais, que desexen participar e sexan maiores de idade .

 

2ª.- As obras deberán ser orixinais. Non se aceptarán reproducións nin obras que amosen lendas ou marcas que podan interpretarse, a xuizo do xurado, como publicidade. Tampouco se admitirán fotografías que foran acreedoras de distincións ou premios en outros certames.

 

3ª.- O tema das fotografías deber ser a Muller e o Traballo en calquera ámbito (público ou privado), para visibilizar o papel feminino en todos os sectores da nosa sociedade.

 

4ª.- Presentación de UNHA OBRA por persoa participante, en formato dixital, cunha resolución mínima de 2480x1754 e 150 ppp, aínda que o tamaño ideal sería 4961x3508 e 300 ppp.

 

5ª.- As obras deberán presentarse nun sobre consignando no seu exterior “Concurso de fotografía Traballos e Mulleres”, acompañado da seguinte documentación: ficha de inscrición-autoría cos datos persoais do autor ou autora (nome completo, dirección e teléfono) en sobre pechado e CD que conteña as imaxes dixitais..

 

6ª.- Os traballos deberán presentarse ou dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres de Viveiro (Avda. Cervantes S/N – Claustros San Francisco. 27850 VIVEIRO)

 

7ª.- O prazo de recepción de orixinais no CIM empezará a partir do día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no taboleiro de edictos do Concello de Viveiro e finalizará na data que se estableza en dita convocatoria anual.

 

8ª.- Os premios correspondentes ás obras gañadoras estableceranse na correspondente convocatoria.

 

9ª.- O xurado estará composto por un grupo de persoas relacionadas coa área de cultura e profesionais da fotografía, que valorarán os traballos presentados, tendo en conta a calidade artística dos mesmos.

 

10ª.- Con motivo do Dia Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo) o Concello de Viveiro montará unha Exposición coas obras presentadas e, no momento da clausura de dita Exposición, darase a coñecer a obra gañadora.

 

11ª.- As imaxes participantes quedarán en propiedade do Concello de Viveiro. As persoas participantes autorizan ao Concello de Viveiro para a exposición, publicación e difusión das súas obras (sempre mencionando ao autor/a), sen limitacións temporais, xeográficas ou de medios.

 

12ª.- Os/as autores/as deberán contar coa autorización das persoas fotografadas, así como dos dereitos de terceiros.

A organización declina toda responsabilidade que puidera derivar da non obtención dos permisos e autorizacións correspondentes.

 

13ª.- A organización reservarase o dereito de facer as modificacións oportunas que poidan contribuír ao mellor desenvolvemento do concurso.

 

14ª.- A participación neste concurso supón a aceptación das presentes bases, das decisións do xurado, e a renuncia a calquera reclamación. O xurado poderá deixar deserto o premio se o considerase oportuno.

 

 

 

O PRAZO de presentación dos traballos será ata o 28 de febreiro de 2018.

 

 

Os premios, que se outorgarán consistirán en:

-         1º premio: 150 €

-         2º premio: 50 €

-         3º premio: 50 €

 

 

Para máis información, dirixirse ao CIM Viveiro ou nos telefonos 982 55 04 21 – 982 56 21 49

 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar