III EDICIÓN KARAOKE VIVEIRO CANTA

III EDICIÓN KARAOKE VIVEIRO CANTA

O CONCELLO DE VIVEIRO ORGANIZA A TERCEIRA EDICIÓN DO SEU KARAOKE "VIVEIRO CANTA"

Terá lugar o día 7 de agosto ás 21:00 na praza maior, no marco das Festas Patronais de Viveiro

Viveiro, 31 de xullo de 2024. O Concello de Viveiro anuncia unha nova edición do concurso de karaoke "Viveiro Canta", enmarcado no programa das Festas Patronais de Viveiro. Será o día 7 de agosto ás 21:00 na praza maior.

A terceira edición do "Viveiro Canta" está de novo dirixida ao público de todas as idades, e terá dúas categorías, unha infantil e xuvenil e outra adulta. Un xurado profesional decidirá os gañadores do certame e entregará premios en cada categoría.

As prazas para participar no certame son limitadas, polo que será necesario realizar unha inscrición previa. Esta poderá ser realizada no teléfono 982560162 ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es. Deberán facilitarse os seguintes datos: nome, apelidos, idade, teléfono de contacto, canción que se cantará e autoría da mesma.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, anima "a toda a veciñanza a participar neste evento, que se está a converter nun dos máis destacados dentro das festas patronais co éxito acadado nos dous anos anteriores".

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar