III PREMIO DE NOVELA VILAR PONTE

III PREMIO DE NOVELA VILAR PONTE

O CONCELLO DE VIVEIRO PUBLICA AS BASES DO SEU III PREMIO DE NOVELA VILAR PONTE

Viveiro, 12 de abril de 2021. O Concello de Viveiro publicou as bases do III Premio de Novela Vilar Ponte, un certame que naceu coa finalidade de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, asemade, apoiar e difundir a literatura en lingua galega.

 

Tras o éxito das dúas primeiras edicións, o Concello viuse na obriga de aprazar o ano pasado a terceira, debido á situación sanitaria derivada da pandemia do coronavirus

 

Como en anos anteriores, tanto a extensión como a temática das obras é libre e cada orixinal será presentado en catro copias en papel, sen firma pero con título e lema en sobre pechado.

 

Estamos moi satisfeitos pola calidade e a cantidade dos exemplares recibidos no 2018 e no 2019, as dúas edicións foron un éxito e queremos consolidar o premio dentro do escenario da literatura galega”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.


 

O prazo de presentación acabará o próximo 31 de xullo e o lugar para enviar os orixinais será o Concello de Viveiro. Haberá un primeiro permio de 4.000 euros e un segundo de 1.000 euros, coas súas correspondentes placas e diplomas. O acto de entrega será no Teatro Pastor Díaz.

 

Natalia Carou Figueira, con ‘O mal querer’, foi a gañadora da pasada edición, mentres que na estrea o xurado elixiu ‘Matar o heroe’, de Adolfo Caamaño.

 

Bases completas en www.viveiro.es

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar