ILUMINA DE AZUL 2021

ILUMINA DE AZUL 2021

O CONCELLO DE VIVEIRO ÚNESE Á INICIATIVA ‘ILUMINA DE AZUL 2021’ E FAI UN CHAMAMENTO A CONSEGUIR A INCLUSIÓN PLENA DAS PERSOAS CON AUTISMO

--A porta de Carlos V estará iluminada de cor azul do 1 ao 4 de abril

 

Viveiro, 29 de marzo de 2021. O Concello de Viveiro súmase esta semana á iniciativa estatal ‘Ilumina de azul 2021’ con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se celebra o 2 de abril.

 

O Concello fai un chamamento a conseguir a inclusión plena das persoas con diversidade funcional e iluminará de cor azul como sinal de apoio a porta de Carlos V entre o 1 e o 4 ed abril.

 

A iniciativa pretende poñer en relieve a necesidade de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con autismo, para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.

 

Quero aproveitar a ocasión para facer un chamamento á concienciación, co obxectivo de conseguir a inclusión plena das persoas con diversidade funcional e incidir na necesidade de desenvolver accións e iniciativas que dean visibilidade a este colectivo e que sirvan para sensibilizar á sociedade, facilitándolles, ao mesmo tempo, os medios e instrumentos necesarios para mellorar a súa calidade de vida”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

 

O concello considera que esta efeméride “debe servirnos para reflexionar e para que cada un de nós, como parte da sociedade, atopemos o camiño a seguir para conseguir unha inclusión e tolerancia efectivas das persoas con diversidade funcional”.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar