09
Abril
IMPOSTO SOBRE VEHICULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA 2024
ABERTO O PRAZO PARA O PAGAMENTO DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DENDE O 3 DE ABRIL ATA O 3 DE XUÑO.
Viveiro, 3 de abril de 2024. Ponse en coñecemento de tódolos contribuíntes suxeitos ó pagamento do Imposto Municipal sobre Vehículos de Tracción Mecánica, que dende o día 27 de Marzo e ata o 19 de Abril, ambolos dous inclusive, do ano que corre, estará exposto ó público no Negociado Municipal de Tesourería, o padrón de contribuíntes do devandito imposto, para os efectos de reclamacións.
Así mesmo, notifícase que o período de PAGAMENTO VOLUNTARIO do imposto será o seguinte: desde o día 03 de Abril ata o día 03 de Xuño de 2024, ambolos dous inclusive, ó abeiro do disposto nos artigos 23 a 25 e 68 por R.D. 939/2005, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Rematado o período voluntario de pagamento, iniciarase o expediente para o cobro da débeda pola vía de constrinximento, xerando os recargos sinalados nos artigos 28 e 161 da Lei 58/2003.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro