08
Abril
IMPRESIóN DE MATERIAIS EDUCATIVOS NOTA ACLARATORIA
O Concello de Viveiro porá en marcha un servizo de impresión de materiais educativos, para o alumnado de educación obrigatoria e bacharelato, que teña dificultades no acceso á impresión de documentación, segundo os criterios técnicos de Servizos Sociais. As familias interesadas en facer uso deste servicio deben remitir un correo electrónico ao enderezo apuntesviveiro@viveiro.es, indicando o seu nome e apelidos, domicilio e teléfono de contacto e axuntado a documentación que desexan imprimir. Tras os trámites correspondentes, o material impreso será entregado no domicilio dos destinatarios, previa coordinación da data e hora de entrega. Este servizo comezará a funcionar a partir do vindeiro luns, 13 de abril.
Con esta medida preténdese garantir que o alumnado poida continuar cos seus estudos durante o confinamento provocado polo COVID-19, evitando deste xeito os prexuízos causados a aquelas familias que carecen dos medios necesarios para imprimir e traballar cos contidos facilitados a través das distintas plataformas educativas.
Viveiro, 7 de abril de 2020.
NOTA ACLARATORIA
O CONCELLO DE VIVEIRO CANALIZARÁ O SERVIZO DE IMPRESIÓN DE MATERIAL EDUCATIVO A TRAVÉS DOS CENTROS PARA OBTER UNHA MAIOR COORDINACIÓN
Viveiro, 13 de abril de 2020. O Concello de Viveiro canalizará o servizo de impresión de materiais educativos unicamente a través dos centros, co obxectivo de obter unha maior coordinación e axilidade na iniciativa.
Desde o concello xa se empezaron a remitir hoxe as primeiras solicitudes recibidas aos centros educativos de referencia. O servizo vai dirixido ao alumnado de educación obrigatoria e bacherelato que teña dificultades no acceso á impresión de documentación, segundo os criterios técnicos de Servizos Sociais.
As familias interesadas en facer uso deste servicio deben remitir un correo electrónico ao enderezo apuntesviveiro@viveiro.es, indicando o seu nome e apelidos, domicilio e teléfono de contacto, e axuntando a documentación que desexan imprimir.
“Con esta medida, pretendemos garantir que todo o alumnado do ensino obrigatorio poida continuar cos seus estudos durante o confinamento, evitando deste xeito os prexuízos causados a aquelas familias que carecen dos medios necesarios para imprimir e traballar cos contidos facilitados a través das distintas plataformas educativas”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro