22
Xullo
INFORMACIÓN BASES DAS AXUDAS PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, informa aos veciños e veciñas de Viveiro que está previsto que as Bases reguladoras das axudas para o impulso da actividade económica de Viveiro se publiquen no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o próximo mércores, 22 de xullo de 2020. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes a contar dende o día seguinte á súa publicación.
Poden optar a estas axudas os autónomos, microempresas, pequenas empresas, comunidades de bens, sociedades civís ou entidades económicas empresariais sen personalidade xurídica, obrigados a suspender a actividade pola pandemia segundo RD 463/2020 coas modificacións introducidas polo RD 465/2020, de 17 de marzo, e as ordes de desenvolvemento dos mesmos.
Estas axudas, ás que se destinan 400.000 euros, cun importe de 850 € por cada beneficiario, forman parte do Plan de reactivación económica acordado con Por Viveiro, por un importe total de 500.000 euros.