02
Decembro
IV PREMIO DE NOVELA VILAR PONTE
O CONCELLO DE VIVEIRO CELEBRA MAÑÁ A GALA DE ENTREGA DO IV PREMIO DE NOVELA VILAR PONTE
Viveiro, 1 de decembro de 2022. O Concello de Viveiro celebra mañá, venres 2 de decembro, a gala de entrega do IV Premio de Novela Vilar Ponte. O acto será ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
O acto contará coa presenza do escritor Suso de Toro e da gañadora desta edición, Irene Rega Jul, coa súa obra “Tecendo Redes”, xunto co finalista Francisco Vidal Blanco, autor de “As cartas do desarraigo”.
O Premio de Novela Vilar Ponte, que cumpre este ano a súa cuarta edición, naceu coa finalidade de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, asemade, apoiar e difundir a literatura en lingua galega.
O xurado desta edición estaba composto por Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro, profesor e historiador; Eva Mejuto Rial, escritora e xestora cultural; e María Lado Lariño, escritora.
“Parabéns aos dous escritores premiados neste certame, que gaña recoñecemento e consolidación cada ano. Un certame que impulsa sen dúbidas a creación literaria na nosa lingua”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro