IV PREMIO DE NOVELA VILAR PONTE

IV PREMIO DE NOVELA VILAR PONTE

GALA DE ENTREGA DO IV PREMIO DE NOVELA VILAR PONTE DO CONCELLO DE VIVEIRO

O Concello de Viveiro celebrou onte a gala de entrega do IV Premio de Novela Vilar Ponte a Irene Rega Jul pola súa obra ‘Tecendo Redes’. O finalista foi Francisco Antonio Vidal Blanco, coa súa obra ‘As cartas do desarraigo’.
 
O acto foi no Teatro Pastor Díaz e o escritor Suso de Toro foi o mantedor. O Premio de Novela Vilar Ponte, que cumpriu este ano a súa cuarta edición, naceu coa finalidade de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, asemade, apoiar e difundir a literatura en lingua galega. 
 
“Os meus parabens a Irene Rega Jul e Francisco Antonio Vidal Blanco, unha felicitación que quero facer extensiva a todos os escritores e escritoras que presentaron as súas obras a este certame”, asegurou a alcaldesa, María Loureiro.
 
“Quero agradecer tamén a presenza de Suso de Toro e o traballo dos membros do xurado, que destacou a calidade das novelas que concorreron. Isto anímanos no Concello de Viveiro a pensar xa na quinta edición deste premio, que iniciamos no ano 2018”, engadiu a alcaldesa. 
 
Para o xurado, na obra premiada “destacan o ritmo narrativo, a construción dos personaxes e una trama que mantén a intriga ata o final”. Por outra banda, sinala “a escolla de escenarios pouco habituais no xénero; así como o feito de tratar temas e problemáticas da sociedade actual, como o acoso ás mulleres e o maltrato cun enfoque comprometido.” 
  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar