08
Xuño
IVTM 2020
O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA Á VECIÑANZA DA APERTURA DO PERÍODO VOLUNTARIO DE PAGO DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS
Viveiro, 8 de xuño de 2020. O Concello de Viveiro informa á veciñanza que, tras a publicación do correspondente anuncio no BOP, o período de pago voluntario do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) será do 3 de xuño ao 3 de agosto de 2020, ambos os dous incluídos. No caso dos recibos domiciliados, serán remitidos para o seu cobro o día 10 de xuño de 2020.
Cómpre indicar, finalmente, que este imposto se viña cobrando habitualmente entre os meses de abril e maio e que este ano, como consecuencia da pandemia do Covid-19 e do estado de alarma, se decidiu pospoñer a súa liquidación ata este momento, como medida de flexibilidade para a protección familiar e empresarial.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro