IX FEIRA DE STOCKS DO CENTRO COMERCIAL HISTÓRICO DE VIVEIRO

IX FEIRA DE STOCKS DO CENTRO COMERCIAL HISTÓRICO DE VIVEIRO

O CONCELLO DE VIVEIRO COLABORA COA IX FEIRA DE STOCKS DO CENTRO COMERCIAL HISTÓRICO DE VIVEIRO QUE COMEZA HOXE

Viveiro, 23 de agosto de 2022. Esta mañá, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, acudiu xunto ao tenente de alcaldesa, Jesús Fernández, e a concelleira de Turismo e Comercio, Marisol Rey, á inauguración da IX Feira de Stocks do Centro Comercial Histórico de Viveiro.

 

A feira celébrase hoxe, 23 de agosto, e os próximos días 24 e 25 do mesmo mes. As persoas interesadas poden achegarse ata os Xardíns de Noriega Varela en horario de 11:00a 14:00 e de 18:00 a 21:30.

 

O Concello de Viveiro colaborou coa organización da feira en distintos aspectos loxísticos. Entre outras facilidades, o goberno local colaborou co subministro eléctrico, a reserva de espazos e o préstamos de material.

 

O comercio local é un dos motores da nosa economía, por iso dende o goberno local temos un firme compromiso con este tipo de colaboracións”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

 

En total, instaláronse 11 postos de venda de moda de home e muller, nenos, xuvenil, complementos, deportes, zapatos, xoiería, bixutería,  mobles e decoración.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar