14
Setembro
LEVANTAMIENTO SUSPENSIóNS DE CELEBRACIóN
O CONCELLO DE VIVEIRO LEVANTA DIFERENTES SUSPENSIÓNS E LIMITACIÓNS REFERIDAS Á CELEBRACIÓN DE ACTIVIDADES E EVENTOS
Viveiro, 11 de setembro de 2020. O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas dos acordos que vén de adoptar, atendendo ás medidas establecidas polas autoridades competentes e á evolución actual da situación epidemiolóxica no municipio, levantando as seguintes suspensións e limitacións referidas tanto a celebración de actividades e eventos como ao uso de instalacións municipais.
Neste sentido, acordouse levantar a suspensión da celebración de actividades e eventos culturais, deportivas e de ocio organizadas por este Concello ou daqueles que, non sendo organizados polo concello, se celebren en instalacións e espazos públicos de titularidade municipal, así como levantar a suspensión da cesión de uso de instalacións e espazos municipais.
Non obstante, cómpre advertir que cada celebración será obxecto de valoración individualizada co obxectivo de garantir a seguridade e saúde públicas. Ademais, todas as actividades e eventos deberán cumprir co disposto polas autoridades competentes en cada momento.
Tamén se acordou levantar a limitación de prohibición de agrupacións de máis de dez persoas en espazos públicos municipais, mantendo a recomendación establecida na Orde do 15 de agosto da Consellería de Sanidade, de restrinxir os encontros sociais fóra do grupo de convivencia estable e limitar os encontros sociais a un máximo de dez persoas.
Finalmente, tamén se acordou a apertura da piscina municipal, cuxa actividade se reanudará o vindeiro 21 de setembro; a apertura do Teatro Pastor Díaz, con efectos do día 26 de setembro; e a apertura dos centros socioculturais, debendo cumprirse en todos os casos coas medidas e limitacións establecidas polas autoridades competentes.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro