Limpeza centros educativos

LIMPEZA CENTROS EDUCATIVOS

O CONCELLO DE VIVEIRO REFORZARÁ O SERVIZO DE LIMPEZA NOS CENTROS EDUCATIVOS

Viveiro, 1 de setembro de 2020. O Concello de Viveiro, ante o inicio do curso escolar 2020-2021 e atendendo ás medidas establecidas polas autoridades competentes con motivo da COVID-19, quere informar das xestións realizadas en relación coa limpeza dos colexios.

Analizados os protocolos vixentes publicados pola Xunta de Galicia con motivo do inicio do curso escolar, en coordinación cos centros educativos de infantil e primaria e en virtude dos plans e protocolos de limpeza establecidos por cada centro, o Concello de Viveiro está a realizar as xestións oportunas para levar a cabo as modificacións necesarias nos contratos de limpeza existentes, co fin de manter este servizo nos horarios que anteriormente se viñan prestando en cada centro e, a maiores, realizar labores de limpeza tamén en horario de mañá.

Desta forma, as zonas comúns dos colexios estarán nas mellores condicións hixiénicas durante a estancia do alumnado.

Por outra banda, estanse realizando as xestións oportunas co servizo de prevención de riscos laborais a fin de dotar da formación necesaria ao persoal municipal que exerce labores de conserxe tanto nos centros escolares como no resto de dependencias municipais. A previsión actual é que esta formación se imparta antes do inicio do curso.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar