LIMPEZA DO RÍO VILAR

LIMPEZA DO RÍO VILAR

O CONCELLO DE VIVEIRO ASUME A LIMPEZA DO RÍO VILAR PARA DAR RESPOSTA ÁS DEMANDAS VECIÑAIS, AÍNDA QUE NON É COMPETENCIA LOCAL

Viveiro, 24 de outubro de 2020. O Concello de Viveiro, vista a situacion do río do Vilar e tendo en conta as demandas veciñais, e aínda que a súa limpeza corresponde a outra administración, decidiu pedir a autorización pertinente e proceder á súa limpeza coa maior celeridade posible.

 

O grupo de goberno entende que os prexudicados son os veciños, que ademais non teñen culpa de que a administración con competencias para a limpeza dos ríos non realice o seu traballo.

 

O río do Vilar -que discorre pola Feira de Galdo e o Pontigo, ata a ponte da Marelá, onde desemboca no río de Galdo- adoita desbordarse en época de fortes choivas, presentando un importante perigo para as casas cercanas.

 

Neste sentido, os veciños transmitiron ao concello a súa preocupación polo seu estado, polo que o grupo de goberno decidiu iniciar as xestións para asumir a limpeza.

 

Saúdos, Comunicación do Concello e Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar