LINGUA DE SIGNOS

LINGUA DE SIGNOS

O CONCELLO DE VIVEIRO SÚMASE AO DÍA NACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS

Viveiro, 14 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro reivindica este 14 de xuño do Día Nacional das Linguaxes de Signos Españolas, unha materia coa que o goberno local liderado por María Loureiro está especialmente sensibilizado e na que desenvolve múltiples iniciativas.

O municipio conta co proxecto “Viveiro Inclúe”, co que o goberno local pretende realizar todo o traballo necesario para que todas as persoas, sen importar posibles diversidades funcionais, poidan vivir dun xeito máis fácil en Viveiro. As actividades están coordinadas dende a concellería de Cultura, que dirixe Lara Fernández Fernández-Noriega; e a concellería de Benestar, responsabilidade de Victoria Baamonde.

Entre as propostas, o Concello de Viveiro puxo en marcha recentemente un curso de Linguaxe de Signos dirixido a docentes e persoas relacionadas coa diversidade funcional en diferentes sectores educativos. A formación está impartida por Miriam Aller, de Entresignos, e rematará este venres 18 de xuño, tras 40 horas de aprendizaxe.

O obxectivo con este tipo de accións é darlle ferramentas á sociedade nesta materia para poder dirixirse a persoas que necesiten unha comunicación diferente”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.

Outra das iniciativas que posiciona a Viveiro como un municipio pioneiro na linguaxe de signos é a recente adquisición de mochilas vibratorias Subpac, en colaboración coa Fundación ‘La Caixa’ e CaixaBank. Estas mochilas permiten á comunidade xorda acceder á programación cultural municipal.

Alén destas iniciativas, a sensibilización sobre a linguaxe de signos impulsada polo Concello de Viveiro tamén chega á infancia. O goberno local organizou recentemente un contacontos sobre a diversidade funcional, e en concreto sobre a xordeira, da man de Paula Gándara.

Seguiremos traballando todo o que poidamos nesta liña, porque cremos que a nosa obriga como goberno local é incluír a todas as persoas que teñen calquera tipo de necesidade”, afirma a concelleira de Cultura.

Saúdos,

Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar