Manifestación Santiago

MANIFESTACIóN SANTIAGO

O CONCELLO DE VIVEIRO PON UN AUTOBÚS A DISPOSICION DAS PERSOAS QUE QUEIRAN ASISTIR Á MANIFESTACIÓN EN APOIO Á CONTINUIDADE DE ALCOA DO MÉRCORES EN SANTIAGO

Viveiro, 29 de xuño de 2020. O Concello de Viveiro pon un autobús a disposición das persoas que queiran asistir á manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela este mércores 1 de xullo, ás 12:00 horas en apoio aos traballadores e traballadoras de Alcoa, para garantir a continuidade da factoría e o mantemento de todos os postos de traballo.

 

Este autobús sairá ás 08:30 horas da estación de autobuses de Viveiro. Ten un total de 55 prazas e será obrigatorio o uso de mascarilla durante todo o traxecto.

 

As persoas que queiran facer uso deste servizo, deben reservar a súa praza chamando ao teléfono 982.560.128 ou enviando un correo electrónico ao enderezo apuntesviveiro@viveiro.es.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar