MANTEMENTO E LIMPEZA NAS PRAIAS DE AREA E COVAS

MANTEMENTO E LIMPEZA NAS PRAIAS DE AREA E COVAS

O CONCELLO DE VIVEIRO REALIZA TRABALLOS DE MANTEMENTO E LIMPEZA NAS PRAIAS DE AREA E COVAS UNHA VEZ REMATADA A TEMPADA DE VERÁN

Viveiro, 25 de setembro de 2023.

A tenente de alcaldesa e responsable de Obras do Concello de Viveiro, Miriam Bermúdez, informa da realización de diferentes tarefas de reparación, limpeza e mantemento nas praias do municipio unha vez rematada a tempada estival.

 Na praia de Covas “realizáronse traballos de mantemento na pasarela, arranxando as táboas en mal estado”, explica Bermúdez, ademais de proceder á limpeza da rampa de acceso aos baños que están ao carón da parrillada.

 Na praia de Area, houbo labores de mantemento e desbroce no paseo, ademais de procederse á limpeza da zona despois duns meses de moita afluencia de persoas.

 “O obxectivo destas tarefas de mantemento é deixar os areais en boas condicións para a tempada de inverno”, engade a tenente de alcaldesa.

 Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar