11
Xuño
MANTEMENTO NAS PRAIAS
O CONCELLO DE VIVEIRO REALIZA TRABALLOS DE MANTEMENTO NAS PRAIAS DO MUNICIPIO
Viveiro, 11 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro informa que, como cada ano nestas mesmas datas próximas ao inicio do período estival, se están a realizar os labores necesarios para acondicionar as praias do municipio. Os traballos impulsados polo goberno local inclúen tanto o acondicionamento dos accesos, a instalación do mobiliario necesario, así como a instalación das duchas.
Actualmente, estanse empezando a realizar estes traballos na praia de Area e está previsto que continúen posteriormente no resto de areais do municipio: Covas, Celeiro e Seiramar.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro