MANTEMENTO NOS FAROIS DO PASEO MARÍTIMO

MANTEMENTO NOS FAROIS DO PASEO MARÍTIMO

O CONCELLO DE VIVEIRO REALIZA TRABALLOS DE PINTURA E MANTEMENTO NOS FAROIS DO PASEO MARÍTIMO

Viveiro, 10 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro procedeu nas últimas semanas ao pintado dos farois do paseo marítimo do municipio.

Concretamente, estes traballos de mantemento realizáronse nos farois entre o inicio da avenida Martín Ledesma, dende o edificio da Cruz Vermella, ata o final da avenida Luis Cebreiro, fronte aos Castelos de Covas.

Deste modo, o goberno local garante a conservación da iluminación dunha zona moi transitada no municipio, tanto por parte dos propios veciños e veciñas de Viveiro, como dos visitantes que gozan deste paseo marítimo.


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar