15
Novembro
MANUALIDADES EN FAMILIA
O CONCELLO DE VIVEIRO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O OBRADOIRO DE MANUALIDADES EN FAMILIA DESTE DOMINGO
Viveiro, 15 de novembro de 2022. O Concello de Viveiro abre o prazo de inscrición para o obradoiro de manualidades en familia que se levará a cabo este domingo, día 20, con motivo da celebración do Día Mundial da Infancia.
Poderán participar de balde persoas de tódalas idades, sendo imprescindible a súa inscrición previa, a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/6rhmDLAGjBzgzBTF7 ou ben cunha chamada ou whatsapp ao seguinte teléfono de contacto 654208333.
A actividade terá lugar ás 17:00h no Salón Multiusos do Concello de Vivero e está organizada polo Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro, coa colaboración da Concellería de Benestar Social e Eureka. Consistirá nun obradoiro de chapas e a creación dun mural creativo a través do que dar visibilidade á transcendencia da Saúde Mental Infanto-Xuvenil.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro