27
Novembro
MARCHA POPULAR ‘EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS’
O CONCELLO DE VIVEIRO, DENTRO DA SÚA PROGRAMACIÓN PARA CONMEMORAR O 25N, DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA, CELEBROU ESTA MAÑÁ A MARCHA POPULAR ‘EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS’.
A marcha saíu ás 12:00 horas dende os Castelos, en Covas, e rematou na praza Maior de Viveiro.
A concelleira de Muller e Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega, salientou que “o concello segue no seu firme compromiso de facer de Viveiro un lugar igualitario, promovendo unha educación en igualdade para que a nosa rapazada teña ferramentas para construír unha sociedade mellor”.
“Traballamos os 365 días do ano para que Viveiro sexa un pobo libre de violencia de xénero”, engadiu.