MARUJA MALLO, MITAD ÁNGEL, MITAD MARISCO

MARUJA MALLO, MITAD ÁNGEL, MITAD MARISCO

O CONCELLO DE VIVEIRO PROXECTA ESTE XOVES O DOCUMENTAL DE ANTÓN REIXA SOBRE MARUJA MALLO: “MARUJA MALLO, MITAD ÁNGEL, MITAD MARISCO”

Viveiro, 19 de abril de 2022. O Concello de Viveiro continúa o ciclo de conferencias “Maruja Mallo. Viveiro e a vangarda do século XX”, cunha nova cita este xoves, 21 de abril, coa proxección do documental “Maruja Mallo, mitad ángel, mitad marisco”, do director galego Antón Reixa, quen participará no coloquio. A cita será no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30, con entrada gratuíta ata completar aforo.

 

Este evento dá continuidade á primeira conferencia sobre Maruja Mallo no marco desta iniciativa, celebrada o pasado 13 de marzo e que contou cos relatorios sobre a artista viveirense de José Luis Ferris e Carlos Nuevo Cal.

 

Como goberno local é a nosa responsabilidade sacar do esquecemento a Maruja Mallo, para reivindicar a súa traxectoria, e sobre todo para ofrecer á cidadanía o acceso e coñecemento á súa obra”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

 

Antón Reixa (Vigo,1957), é escritor, creador visual e músico, cunha longa traxectoria en diferentes disciplinas pero cunha especial énfase na comunicación audiovisual. Actualmente, colabora en Luzes.gal e no programa de radio de Julia Otero, ademais de continuar co seu traballo literario e diferentes colaboracións en prensa e proxectos audiovisuais. En decembro do 2021, concedéuselle a medalla de oro ao Mérito nas Belas Artes do goberno español.

 

O éxito do primeiro relatorio permítenos continuar con esta iniciativa na que non só damos visibilidade á figura desta muller artista senón que tamén enxalzamos o talento artístico local”, sinala Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.

 

A próxima cita deste ciclo sobre Maruja Mallo será o xoves 28 de abril ás 20:30, coa intervención do pintor Antón Patiño, baixo o título “Maruja Mallo. Arte da vida”. O venres 29 de abril será a terceira conferencia, coa participación de Carmen Gaitán Salinas, científica no Instituto de Historia do CSIC, co relatorio “Explorando o cono sur: Maruja Mallo e o seu exilio transatlántico”.

 

O venres 6 de maio, ás 20:30, o ciclo contará coa intervención da historiadora da arte do Museo Reina Sogía, Patricia Molins, baixo o título “Maruja Mallo, a invención inconográfica e a arte popular”.

 

De momento aínda non está definida a data da última conferencia que pechará o ciclo “Maruja Mallo. Viveiro e a vangarda do século XX”, pero dende o Concello de Viveiro adiántase que contará coa presenza da exministra de Igualdade, Carmen Calvo.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar